Colectivos de Vigo concéntrarnse pola mellora das unidades de traballo social pedindo o fin do seu colapso

Publicado por o día 26/02/2019 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Protestas,Social,Vigo

Colectivos de Vigo concéntrarnse pola mellora das unidades de traballo social pedindo o fin do seu colapso

Este xoves achegarémonos, os colectivos Os Ninguéns, Distopía e PAH Vigo-Tui, á Praza da Princesa, para solicitar que se melloren as condicións das UTAS de Vigo, as Unidades de Traballo Social, que se atopan colapsadas, sendo atendidas con enormes retrasos as persoas en situación de exclusión ou emerxencia social: pedimos polo tanto un aumento de persoal, e que éste sexa multidisciplinar, que se engadan psicólogos e orientadores, que abran tamén pola tarde e que se cree un protocolo de atención para urxencias sociais “aquí e agora” similar á triaxe sanitaria, para que nunca máis as afectadas teñan que esperar un mes para obter unha cita cun corte de luz ou un despexo, ou case seis para recibir unha axuda de subsistencia como a RISGA. Por estas razóns convocámonos  O DÍA 28 DE FEBREIRO, ÁS 18:30 NA PRAZA DA PRINCESA DE VIGO, benvidas todas as que esteades preocupadas por  esta situación de vulnerabilidade extrema das nosas veciñas e queirades esixir que cese a burocracia extrema e que as persoas sexan o primeiro para na axenda política.

Comentar noticia

Your email address will not be published.