Colectivos de todo el Estado apoyan lucha de gente de Coia

Publicado por o día 14/02/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social,Vigo

Colectivos de todo el Estado apoyan lucha de gente de Coia

Os colectivos que asinamos este comunicado condenamos o aumento da represión nas protestas sociais e amosamos, de xeito público, o noso apoio a unha loita fortemente reprimida por parte de Abel Caballero e do seu goberno que non dubidou en empregar á policía local en contra da veciñanza.

Por todo isto, queremos amosar o noso total apoio ás compañeiras detidas no barrio de Coia en Vigo por defender os dereitos sociais e o noso total rexeitamento ás políticas de represión exercidas neste caso e noutros de todo o estado español.

As veciñas de Coia (Vigo) levan dende o 4 de decembro tratando de impedir a instalación dun barco nunha rotonda no barrio que supón un gasto inxustificado e inmoral nunha cidade na que, como no resto do estado, a xente malvive nos barrios mentres ve proliferar no seu contorno obras faraónicas.

Abel Caballero, alcalde do PSOE de Vigo, puxo todo o seu empeño en criminalizar a protesta veciñal, empregando medios de comunicación afíns como altofalantes das súas falacias e terxiversacións. Ademais, co fin de acalar a protesta e violentar á veciñanza, non tivo o menor reparo en empregar a policía local como instrumento represor ao seu servizo: tres detencións arbitrarias e inxustificadas (S., Xurxo e Diego; este último membro da ODS-Coia e de Baladre, Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social), vinte e cinco persoas con supostos cargos perante a Fiscalía, numerosas multas,…

Mentres dirixentes e partidos políticos maniféstanse a favor da liberdade de expresión co gallo do atentado terrorista de París, a escalada de represión e criminalización da protesta social segue en aumento no estado español.

As loitas de pobos e barrios, así como as do sindicalismo combativo e de clase, están a ser duramente reprimidas por empresas e institucións públicas, a través das súas forzas de represión policiais, a xudicatura e unhas leis que, cada vez máis, póñense ao servizo dos intereses do capital e das oligarquías dominantes. O recente caso de Alfon, condenado a 4 anos de cadea pola súa participación na folga xeral do 14N no 2012 tras un xuízo cheo de irregularidades, súmase a unha longa lista de activistas condenadas pola súa militancia. É unha ofensiva en toda regra contra a lei de folga, o dereito de manifestación e de reunión e as leis que garanten a liberdade de expresión.

A vindeira aprobación da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida como Lei Mordaza, é un chanzo máis no entramado legal que se está a elaborar para silenciar a disidencia ideolóxica e reprimir a protesta social, sinal inequívoca da debilidade dun sistema que, a falta de argumentos e ante o incremento da contestación cidadá, unicamente sabe responder coa represión.

Reiteramos a nosa solidariedade cos detidos. As loitas das xentes de Coia son as nosas loitas. Se nos tocan a unha, tócannos a todas!

A Ría Non Se Vende, Acción Verapaz, Ambilokwoi Futebol Gaélico Mixto, Anova-Irmandade Nacionalista, Asamblea Canaria por el Reparto de La Riqueza (ACRR), Asamblea intercorralas de Málaga, Asamblea de Gamonal (Burgos), Asdecoba (Salamanca), Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, Asociación contra la exclusión ALAMBIQUE (Xixón), Asociación de [email protected] Santiago de Nuevo Gijón, Perchera y la Braña; Asociación Kanguras, criando en brazos (Galiza), Baladre, Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social Berri-Otxoak, Plataforma Contra la Exclusión Social y Por los Derechos Sociales (Euskadi), BNG, CaMot (Xàtiva), Campamento Dignidad Mérida, Ceivar, Organismo Popular Anti-repressivo, Centro Social Okupado Taucho (Canarias), CIG, CNT (Vigo), Colectivo IMAN (Galiza), Comités Confederación General del Trabajo (CGT), Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega, Coordinadora de Barrios (Madrid), Coordinadora de Crentes Galegos, Comité Oscar Romero, Comunidad Parroquial de San Atanasio de Madrid, Cova dos Ratos, CP San Carlos Borromeo, Distrito 9, Entremos na Panificadora, Erletxea (Irún), Esculca – Direitos e liberdades, Espacio Sociocultural La Casa (Canarias), Espazo Aberto Antimilitar (Galiza), Esquerda Unida, Foro Galego de Inmigración, Galiza Contrainfo, Galiza Nova, G.A.S. (Galiza), Grupo Andarivel de Cantabria, Inclusión Activa Boa Vida (Galiza), Isca!, Liga Estudiantil Galega, Marea roja Alacant, MLP (Movemento Loita Popular) Coruña, Movemento Cidadán “O noso barrio”, No somos delito Alacant, ODS-Coia (Galiza)Parroquia Cristo da Vitoria (Galiza), Parroquia de Santa María de Nazaret en el Barrio de Buenos Aires (Salamanca), Piratas de Galicia, Radio Pimienta (Canarias), Rede Sementes Galega, Redes Cristiás, Stop desafiuzamentos Coruña, Toma la Plaza Alacant, Vangarda Obreira Coruña, Verdegaia, Zambra Cuenca, Zambra Málaga, 15M Monte Alto (Galiza).

PRENSA ASAMBLEA ABIERTA COIA