Colectivos piden non tirar petardos nin foguetes en Noitevella

Piden á cidadanía un respecto básico por animais e colectivos vulnerables
Publicado por o día 26/12/2018 na sección de Galicia,Social,Vigo

Colectivos piden non tirar petardos nin foguetes en Noitevella
A menos dunha semana para celebrar a entrada de 2019, a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber pediron á cidadanía que prescinda de festexar a chegada do novo ano empregando petardos, foguetes ou calquera outro artefacto pirotécnico para respectar non só aos animais, senón tamén aos colectivos vulnerables a estas detonacións.
 
Os animalistas sinalan que cada vez máis municipios apostan por festas de “Pirotecnia Cero” e subliñan como se ha viralizado nos últimos días a campaña ‘Elixín luces’ en Arxentina, que serve para alertar das terribles consecuencias dos petardos sobre as persoas con TEA (Trastornos do Espectro Autista), cun importante número de persoas famosas apostando por unha festas libres de foguetes.
 
Neste sentido os colectivos sinalan que é posible celebrar estas datas especiais sen necesidade de tirar petardos e provocar toda clase de problemas tamén aos animais, tanto domésticos como silvestres, que chegan a sufrir un terror extremo que pode chegar, nalgúns casos, a matalos.
 
Os defensores dos animais consideran que o goberno local pode xerar un exemplo positivo a través de limitacións sobre o uso de pirotecnia, vetando que calquera particular ou actividade pública non organizada directamente polo Concello, prescinda destes artefactos por cuestións de seguridade cidadá, animal e ambiental.
 
FFW e LIBERA! propoñen, como espectáculo público, substituír os foguetes sonoros por outras versións “silenciosas”, como no municipio italiano de Collecchio, pioneiro no uso de fogos artificiais de menor impacto, ou apostar por recreacións de luz e láser, que xa organizan varias cidades suecas para evitar perturbar os comportamentos da fauna salvaxe.