Hoxe afectadas, activistas, colectivos e veciñas concentrámonos no Concello de Vigo para mostrar a nosa oposición á xestión do cheque social, que debería estar funcionando durante todo o ano e non ser unha axuda puntual que en moitos casos non soluciona as necesidades básicas das persoas empobrecidas, que se miraron decepcionadas e asombradas cos importes recibidos.
O número de axudas nin se quera alcanzou a todos os perceptores da RISGA de Vigo: déronse menos de 2000 cheques e temos 2.439 persoas que viven dunha renda de inclusión.
Na cidade de Vigo hai 61.400 persoas no umbral da pobreza ou pobreza severa.
Según o art. 25.1 da Lei Reguladorade Bases de Réxime Local: “Os concellos, para a xestión dos seus intereses e , no ámbito das súas competencias, pode promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal e, nos termos previstos neste artigo, será competencia dos concellos de máis de 50.000 habitantes a EVALUACIÓN E INFORMACIÓN DA SITUACIÓN DE NECESIDADES SOCIAIS, A ATENCIÓN INMEDIATA A PERSOAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL”.
O cheque social ven xenerar entre as demandantes situacións como a que pasamos a describir:
Unha familia formada por tres persoas ten sinalada data de xuicio por impago de aluguer para este mes de Novembro e posible lanzamento en Decembro. Esta situación é coñecida tanto por Benestar Social do Concello como polo departamento do Programa Reconduce da Xunta en Vigo.
Son beneficiarios dunha Renda de Integración Social (RISGA) de 590 euros mensuais e pagan de aluguer 450 euros quedándolle para os gastos de todo o mes a cantidade de 4,60 euros diarios.
A concellería de Benestar do Concello, a través do “Cheque Social” entrégalle as seguintes cantidades:
58 euros para alimentación.
58 euros para luz e auga.
270 euros para pago de aluguer.
Este programa de urxencia social xestiónase desde o mes de Maio hasta finais de Octubre e non resolve a gravísima situación de especial vulnerabilidade polo desafiuzamento, polo tanto o Alcalde falta á verdade cando anuncia que evita os desafiuzamentos ou que en Vigo non os hai porque se paran desde o Concello.
Queremos unha política social que priorice ás persoas, e que exista unha rede pública de seguridade dende as institucións que estea a disposición de todas aquelas que non cubran as súas necesidades básicas. Non podemos permitir a continua propaganda de que Vigo ten a mellor política social de España cando hai tantas carencias nunha cidade tan rica. A pobreza ocúltase e non é prioridade: e por enriba as empobrecidas teñen que soportar ser usadas como arma electoral asegurando dende o goberno local que están excelentemente atendidas. Por iso saímos á rúa, a mostrar a nósa indignación: hoxe e todas as veces que faga falta.

Nado en Vigo hai 36 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.
Gracias por existir !!!
A cidadanía debe dicir basta á aporofobia da corporarción municipal !
https://www.noticiasvigo.es/opinion-por-vigo-denuncia-carta-de-nadal