Colectivos sociais protestan no Concello de Vigo polas “Inocentadas” de Abel Caballero

Por o 27/12/2017 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
Colectivos sociais protestan no Concello de Vigo polas “Inocentadas” de Abel Caballero
Compartir en:

Como remate de outro ano reivindicativo, o día das inocentadas, 28 de decembro, de 11:00 a 12:00 da mañá terá lugar un acto de queixa diante do concello de Vigo, polas “inocentadas” de Abel Caballero, ante a falta de verdade do alcalde da cidade cando fala das políticas de benestar social: tamén queixa pola escasa inversión económica e a falta de persoal nese departamento tan importante e necesario para esas persoas que non cobren as súas necesidades básicas: nese contexto vaise desenvolver ao remate un pequeno almorzo ou chocolatada.

Os convocantes pintarán a cara de vermello, amosando a vergoña dos colectivos sociais ante a actitude deste alcalde. Usaránse os bonecos propios deste día e se dará lectura a un manifesto onde se recordarán as afirmacións falsas do alcalde, como “en vigo non hai despexos”, ou “en Vigo, quen durme na rúa é porque quere”.

Este acto o organizan conxuntamente a RSP de Vigo, a PAH Vigo-Tui Baixomiño e Os Ninguéns.