Colectivos sociais reivindican un plan urxente no Día Internacional da Loita Contra a Pobreza

Publicado por o día 17/10/2019 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Protestas,RSP,Social,Vigo

Colectivos sociais reivindican un plan urxente no Día Internacional da Loita Contra a Pobreza

Na véspera do día internacional para a erradicación da pobreza, deronse cita na Praza da Princesa do Casco Vello, concretamente os colectivos Marcha Mundial das Mulleres, Distopía, RSP Vigo, Os Ninguéns e todas as que nos acompañades para facer unha reflexión conxunta sobre a importancia da loita contra o empobrecemento severo. Sabemos que moitos outros lugares están pasando unha situación insoportable, como en Burundi, o país máis pobre do mundo, en África.

Pero a situación non deixa de ser preocupante no noso, España, aínda sendo unha potencia mundial, a tasa de pobreza severa é a segunda máis alta da Unión Europea, según datos de Eurostat, só por detrás de Rumanía. En España hay 12.377.941 persoas en risco de exclusión.

Centrándonos na nosa cidade, en Vigo, temos máis de 61.000 persoas baixo o umbral da pobreza. Estamos a sufrir unha situación precaria en canto a benestar social: as Unidades de Traballo Social están colapsadas, feito denunciado polas propias traballadoras, as axudas de emerxencia acumulan unha demora inaguantable e a Renda de Integración Social non cobre necesidades básicas por non chegar aos índices necesarios marcados polo indicador europeo AROPE (730 euros por persoa).

Na nosa cidade hai un grande número de veciñas que malviven sen algo tan básico como un teito, ou en infrapisos, pisos patera… Que non poden alimentarse correctamente, que non atopan traballo e teñen que chegar a fin de mes percibindo unha prestación mínima, unha pensión non contributiva de miseria ou unha de viuvez. Estas situacións de existencia material non garantida teñen enormes consecuencias psicolóxicas que empeora a vida das empobrecidas, que finan antes que quenes cubren necesidades básicas. Literalmente, a pobreza acorta a vida.

Non podemos deixar de recordar que ésta se ceba máis no caso das mulleres, e nas familias monomarentais: a desigualdade social cronifícase no caso da figura da muller, castigada xa dende o traballo por unha brecha de xénero, unhas pensións un 60% máis baixas que as dos homes, o que resulta nunha tasa AROPE dun 25,1% de empobrecidas en España, según o últinmo informe de EAPN. Temos que fortalecer a ferramenta do feminismo como base da loita contra a profunda desigualdade de xénero.

Polo tanto tratándose dunha cuestión tan central, non podemos deixar de saír á rúa a reivindicar políticas que sitúen na axenda medidas que atenúen esta realizade e a combatan de raíz, no caso da nosa comunidade, cun gran pacto contra a Pobreza consensuado entre administracións, que deberían coordinarse e desenrolar un proxecto multidisciplinar.

Hoxe queremos xuntarnos para mostrar o noso compromiso como axentes sociais para loitar contra o empobrecemento severo e esixir que sexan as institucións as que xestionando os impostos de todas cumplan as súas obrigas asegurando a creación dunha rede de seguridade estable e verdadeira que non deixe a Ninguén atrás.

Comentar noticia

Your email address will not be published.