Colectivos y partidos políticos solicitan reunión urgente con delegada territorial de A Xunta

Publicado por o día 15/12/2014 na sección de Vigo

Colectivos y partidos políticos solicitan reunión urgente con delegada territorial de A Xunta

A Asemblea de movementos sociais (AMS), plataforma integrada por movementos sociais e veciñais como a FAVEC, a Rede de Solidariedade Popular de Vigo, Colectivo Imán, Plataforma de Abusos Bancarios, Plataforma Xuntos e apoiada por organizacións políticas e sindicais como a CGT, CIG, SF Intersindical, CUT, EQUO, BNG, Alternativa Socialista de Vigo, IU, Anova e Podemos, ante a situación de extrema emerxencia social na que nos atopamos a veciñanza de Vigo e ante as políticas sociais absolutamente miserábeis e ineficaces, tanto no seu deseño como na aplicación e con orzamentos insuficientes da administración que representa,

SOLICITAMOS:

A celebración dunha reunión de carácter urxente con vostedes para tratar os seguintes puntos que sintetizan as reivindicacións da Asemblea, en relación coas competencias da súa administración:

1. Aumento significativo do investimento social nos orzamentos.

2. Priorizar a finalidade social das partidas orzamentarias.

Os presupostos teñen que centrarse dun xeito prioritario en dar unha resposta xusta e inmediata á situación de emerxencia social que padecen cada vez un número maior de galegos e galegas, en lugar de ser malgastados en proxectos que nada teñen que ver coas necesidades reais e fundamentais das persoas.

3. Se pide o establecemento dunha Renda Básica, non inferior ao limiar da pobreza.

Trátase de superar o modelo da RISGA, considerada subsidiaria, restritiva, e un instrumento de exclusión e perpetuación da esmola asistencial. En todo caso, mentres continúe vixente a RISGA, mentres non sexa realidade a Renda Básica, resulta obrigado que a Xunta:

– Cumpra o establecido pola lexislación vixente no que atinxe aos prazos de resolución (dous meses como máximo).

– Aumente significativamente o orzamento e, en consecuencia, as contías, ata alcanzar o SMI.

– Simplifique os trámites e elimine os requisitos restritivos que deixan a moita xente sen poder acceder á axuda, de xeito que esta pase a ser un dereito obxectivo.

– Facilite datos públicos da RISGA.

Neste senso, pedimos entendemos preciso abordar na xuntanza dous casos concretos, que exemplifican a problemática xeral e que merecen unha especial atención por urxencia:

Miguel Cabaco, verá reducida a súa RISGA en más de 200 euros dende este mesmo mes. Miguel é pai de familia, ten tres fillos aos que manter e lle resultará imposible facer fronte a un aluguer e máis ás necesidades básicas da súa familia.

Pedimos para el lle reanuden a cota habitual da RISGA e volte a cobrar a máxima, do contrario estará abocado á exclusión social irremediable.

Paqui Xestoso Vila, despois de esperar once meses polo cobro da súa RISGA atópase con que lle pagan 37 euros ao mes, xa que computa como unidade familiar unha persoa que agora mesmo xa non reside con ela e se lle descontan os seus ingresos, cando a afectada xa comunicou de tódalas maneiras que a situación mudou e que neste momento non convive con ninguén. Solicitamos para ela unha regularización da situación ou ben lle activen outra renda (como a RAI) para que poida asegurar a súa supervivencia.

4. Posta en marcha dunha política de vivenda eficaz e xusta que garanta o acceso á vivenda para todas as persoas, empezando por aquelas que viven por baixo do limiar da pobreza, a través da creación dun parque de vivendas de iniciativa pública, en réxime de aluguer ou cesión, en distintas zonas da cidade, adaptadas ás necesidades obxectivas das persoas solicitantes.

5. Creación de rexistros autonómico e municipais de persoas sen fogar e falecidas na vía pública, choupanas, caixeiros…, coa obriga dos organismos competentes de información aos devanditos rexistros (hospitais, policía, xulgados…).

6. Creación de rexistros autonómico e municipais dos suicidios derivados de execucións hipotecarias e “acosos bancarios”.

7. Se impulse o cese inmediato dos desafiuzamentos por execucións hipotecarias e se apoie a pelexa polo establecemento da dación en pago de forma inmediata e universal.

8. Se impulse a axilización da lista de espera do SERGAS para que as persoas que levan pendentes de unha operación vexan fechada a súa intervención.

Neste senso, o compañeiro antes mencionado, Miguel Cabaco leva máis de tres anos en lista de espera para obter unha operación por mor da súa obesidade que lle colocaría un bypass gástrico, necesario para reducir seus problemas de mobilidade e risco de infarto.

Outro compañeiro, Pablo Figueroa Domínguez está nunha situación similar. Pedimos se estuden os seus dos expedientes con detemento e se propugne a axilización dos mesmos, ante o risco para a saúde de ambos que ten dilatar a espera.

9. Poñer a disposición da cidadanía das vivendas desocupadas ou baleiras, mostrando especial sensibilidade con vítimas de violencia de xénero recoñecidas e familias con fillos pequenos.

PRENSA ASAMBLEA MOVEMENTOS SOCIAIS