Se congratulan porque houbera ningunha vítima, por fortuna ese día suspendeuse a actividade de baloncesto que iase realizar pola tarde.
A intención do colexio principal con este comunicado á prensa é facer un Chamamento ás distintas administracións competentes para recabar a financiación necesaria para realizar as obras de reparación dos danos, xa que coñecemos a delicada situación económica do Concello de Mos o cal imposibilitalle para abordar con fondos propios dita actuación.
Solicitan que ademáis de realizarse as obras para subsanar os desperfectos do temporal tamén se arranxe todo o deterioro acumulado nestos últimos anos pola falta de mantenemento e inversión no edificio.
Ademáis disto, creen que é imprescindible encargar un estudio técnico riguroso da solidez do edificio e averiguar se a estrutura ten algún vício construtivo, algunha falla de materiais por envellecemento prematuro ou mesmo como no edificio do Colexio se ten grietas que comprometan a solidez. Sen este estudio e a subsanación das posibles fallas e imposible garantir que isto non volva a suceder.
O Pavillón inda que atopase en moi mal estado era usado a cotío para desenvolver actividades extraescolares deportivas, as cales deberán suspenderse a partir de agora.
Agardan que coa colaboración de todas as partes, sen inútiles rifirrafes políticos, e así pronto esto non sexa máis cun mal sono.

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.