Colisión entre coche e moto

Publicado por o día 20/02/2018 na sección de Sucesos

Colisión entre coche e moto

Por outra banda, en Bueu, unha colisión entre un coche e unha moto saldouse co motorista ferido. O accidente tivo lugar á altura do número 14 da Avenida de Cangas.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 16:05 horas, a través da alerta dun particular. A partir de aí, dende o CIAE informouse do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local e aos Bombeiros do Morrazo.

Unha vez no lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento levaron a cabo a limpeza da vía debido á perda de combustible dun dos vehículos accidentados.

Dúas persoas feridas nunha colisión en Sarria

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde nunha colisión na que se viron implicados outros tantos turismos en Sarria. O accidente ocorreu na rúa Pedro Saco, ao fío das 15:10 horas.

Nese momento, o 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso á Policía Local e aos Bombeiros de Sarria.

Accidente en Ourense

Ademais, o 112 Galicia recibía a alerta dunha colisión, entre un tráiler e un camión, que tiña lugar en Ourense ás 15:35 horas. Segundo os datos facilitados por varios particulares ao 112 Galicia, o tráiler chocou contra a mediana no punto quilométrico 234 da A-52 en sentido  Benavente e, inmediatamente despois, un camión máis pequeno colidía contra o vehículo accidentado. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, ningunha persoa resultou ferida.

Nada máis recibir o aviso do accidente, dende o CIAE púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Ourense e de Protección Civil.

Turismo contra un muro

Unha hora máis tarde, en Esgos, un home resultaba ferido despois de que o coche no que circulaba chocase contra un muro. Os feitos ocorreron no lugar do Pinto, na parroquia de Vilar de Ordelles.

Foi un particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia. Decontado, os profesionais do CIAE informaban do sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Pereiro de Aguiar e a Protección Civil.

Unha vez no lugar do accidente, os efectivos sanitarios evacuaron ata un centro hospitalario ao ferido.