Colisión múltiple en Mos

Por o 07/01/2019 | Sección: Galicia,Mos,Sucesos
Colisión múltiple en Mos

Esta tarde tivo lugar unha colisión múltiple na A-55 na incorporación a Porriño, no punto quilométrico 14,400. Foron un total de tres vehículos os que colidiron e tres persoas resultaron feridas leves.

Nada máis ter constancia do accidente ás 16:30 horas a través dunha persoa particular, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil de Mos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.