Colisión no Porriño

Publicado por o día 29/12/2017 na sección de Galicia,O Porriño,Sucesos

Colisión no Porriño

Sobre as oito da tarde de onte, o CIAE 112 Galicia atendeu unha colisión entre dous turismos nun acceso que vai desde a N-550 cara a Torneiros, no Porriño. Tras o choque, un dos vehículos implicados no accidente continuou a marcha, mentres a condutora do outros turismo resultaba ferida.

A muller foi evacuada polos profesionais de Urxencias Sanitarias ao Hospital Perpetuo Socorro de Vigo, onde foi atendida das diversas lesións que lle provocou o accidente.

Pola súa banda, os axentes de seguridade ocupáronse da identificación dos vehículos e os bombeiros do Porriño da limpeza da calzada co fin de restablecer as condicións de seguridade viaria.