Coloquio co activista e refuxiado saharaui Hassanna Aalia

Publicado por o día 08/05/2016 na sección de BNG,Cultura,Vigo

Coloquio co activista e refuxiado saharaui Hassanna Aalia

Este luns 9 de maio dende Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, organizamos un acto aberto no que conversaremos co mozo activista e refuxiado saharaui, Hassana Aalia, quen nos falará da situación nos territorios ocupados do Sahara Occidental.

hassana-vigo-2016-734x1024

Será ás 20h na Libraria Cartabón (Urzaiz, 125 – Vigo), nun coloquio conducido por Elsa Quintas, avogada, e no que tamén contaremos coa participación de Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova.

En outubro de 2010, Hassana tomou parte no campamento Gdeim Izik, denominado o campamento da dignidade, unha acción de protesta en defensa dos dereitos humanos do pobo saharauí e contra a ocupación marroquí. Após ser atacado e desmantelado o campamento, Hassanna foi xulgado e condenado por rebeldía a cadea perpetua xunto con [email protected] 24 compañ[email protected] Actualmente o estado estado español pretendeu e pretende denegarlle a petición de asilo político.

PRENSA GALIZA NOVA