Coloquio sobre a sanidade pública do Morrazo

Hoxe luns, ás 20h, no salón de plenos do Concello de Moaña
Publicado por o día 11/12/2017 na sección de Galicia,Moaña,Sanidad

Coloquio sobre a sanidade pública do Morrazo

A decisión final sobre a súa construcción está sobre unha mesa cuxas patas son: a existencia duns terreos a disposición da Xunta coa calificación urbanística axeitada ( dos que dará conta a Alcaldesa de Moaña na súa intervención), o propio contido da reforma da lei da sanidade galega aprobado pola Xunta en plena ponte e  que deixa dúbidas acerca das obrigas da Consellería ao respecto ( sobre este asunto vainos falar Manuel Martin, Presidente e Voceiro de SOS SANIDADE PÚBLICA), a propia organización e relevancia da ATENCIÓN PRIMARIA neste escenario ( Carlos Eirea, Médico de Atención Primaria e ex-xerente de AP. no lo explicará) e os “resultados” da consulta encargada pola consellería a unha empresa privada que determinará se é necesario ou non o Centro de Saúde ( contaranos a recente experiencia dos afectados no caso de Montecelo, Juan Loureiro, Presidente da FAAVV Castelao de Pontevedra).
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña, entendemos que entramos nun momento crítico para o futuro do tan reivindicado Centro de Saúde e é a ocasión de abrir o debate e por luz sobre as circunstancias que así o van a determinar, e rogamos a cidadania que se acheguen hoxe luns, ás 20h, no salón de plenos do Concello de Moaña.