Comenzan as Andainas cara a Compostela, o 29N as Marchas da Dignidade ocupamos o Obradoiro

Publicado por o día 21/11/2014 na sección de Vigo

Comenzan as Andainas cara a Compostela, o 29N as Marchas da Dignidade ocupamos o Obradoiro

– Cinco columnas das Marchas da Diginidade entrarán en Compostela o 29 de novembro para ocupar a Praza do Obradoiro ás 12 da mañan reivindicando PAN, TRABALLO E TEITO.

Vigo recibirá mañán,a unha das ramas da Columna Sur que inicia a camiñata as 14:00h dende a rotonda da Ramalosa (ao lado da ponte da Ramalosa), e teñen prevista a entrada na cidade pola rotonda de S. Andres as 18:00H., donde os recibirán o grupo de camiñantes que se incorporan a columna en Vigo para dirixirse por Plaza América, Gran Vía, Alfonso XII, García Barbón e Policarpo Sanz, ate chegar a PORTA DO SOL que ten prevista a recepción, por parte de viguesas e viguese, a partir das 18:30h.

Ao calor da musica leerase un manifesto por parte dos camiñantes chamando a toda a cidadanía a partipar nesta mobilización antes de continuar camiño de Redondela, cara donde sairán o domingo as 13:00h. dende a Rúa Areal nº1. para xuntarse cas ramas que virán do Condado e o Baixo Miño.

Contra o pago da débeda, polo emprego digno, polos dereitos sociais, polas liberdades democráicas, contra os recortes, a represión e a corupción, pola renda básica, por unha sociedade de muleres e homes libres, contra un rexime que nos agrede e non nos representa, camiñamos cara Compostela e o 29N ”Ocupamos o Obradoiro”. Camiñan xuntas máis de cuarenta organizacións e colectivos sindicais, políticos e dos movementos sociais de Galicia

CONTRA A CORRUPCIÓN E CONTRA OS CORRUPTOS porque a PAN TRABALLO E TEITO, O POBO TEN DEREITO.

PRENSA MARCHAS DA DIGNIDADE