Comenza a cuarta semana de paros parciais no ferrocarril

Publicado por o día 18/11/2013 na sección de CGT,SF Intersindical,Sindicatos,Vigo

Comenza a cuarta semana de paros parciais no ferrocarril

  Hoxe luns comenza a cuarta semana de paros parciais no sector ferroviario estatal convocada polas centrais sindicais SF-Intersindical e CGT, contra a privatización do ferrocarril sin que, ate de agora, as empresas mostraran vontade algunha de negociar para darlle unha saída e desbloquear o conflicto polo que, os sindicatos convocantes, queren sinalar, unha vez máis, a Renfe Operadora e Adif como responsables únicas dos inconvintes e perxuizos que se lle poidan estár causando á cidadanía.

  A xornada de hoxe, no paro da mañán, de 7 a 9 horas, desenvolveuse sin incidentes. Por parte dos sindicatos respetáronse os servizos mínimos que de xeito abusivo veñen impostos polo Ministerio e que están a imposibilitar que @s traballadores/as de turno secunden os paros en porcentaxe superior ao 60%, O respeto non é recíproco, xa que a Empresa unha vez máis puxo en circulación trens que non están recollidos nos servizos mínimos (entre outros 8.50 Vigo-Coruña) vulnerando o dereito de folga.

   Cabe suliñar que ate de agora, non fora norma habitual impoñer servizos mínimos nos paros parciais en conflictos plantexados nun soio medio de transporte, como é o caso, e incluso nas derraderias FOLGAS XERAIS, os servizos mínimos pactados foran de moita menor incidencia. Fronte ao 30% daquelas impoñen agora entre un 50 e un 75% nos paros parciais convocados por CGT e o SF-Intersindical.

   As organizacións convocantes, síntense arroupadas polos traballadores e traballadoras, que a pesar dos servizos mínimos abusivos, están a secundar os paros, e tamén pola propia cidadanía que está a entender que manteñen unha loita xusta e necesaria na defensa do ferrocarril, que é patrimonio de seu. Con estas movilizacions tratan de defender, non só os postos de traballo senón, principalmente, o patrimonio público ferroviario que todos os cidadáns cos nosos impostos conseguimos situar entre os mellores do mundo e que agora, este goberno, pretende poñer en mans dos seus amigos do mesmo xeito que están a facer co resto de servizos públicos, coa sanidade, ca educación e agora tamén cas PENSIONS – sinalan no comunicado de prensa as dúas centrais sindicais.

  No día de hoxe continuar os paros no turno de tarde de 15.00h. a 17.00.h, e no de noite de 23.00 a 01.00h., e ainda que, incomprensiblemente non contan co apoio do resto de organizacións sindicais con representación nas empresas, van a cumplir a totalidade do calendario programado ate final de ano mantendo os paros parciais de dúas horas por turno, todos os luns e venres de novembro, e as dúas folgas de 24h. convocadas para o 5 e o 20 de Nadal.

  Tamén anuncian que o vindeiro 30 de novembro hay convocada unha manifestación en Madrid, que sairá dende a estación de Chamartin ate as portas do Ministerio de Fomento as 12 da mañan para a que, dende Galicia, a CGT e o SF-Intersindical, fletarán un autocar de forma gratuita para todas as persoas que desexen asistir. Oportunamente se anunciarán os horarios e recorrido do mesmo.