Comercio destina máis de 41.500 EUROS para a dixitalización e modernización de 10 comercios do Baixo Miño e Condado-Paradanta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que estas axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria teñen como obxectivo o impulso a modernización do comercio galego prestando especial atención a súa imaxe e a presentación do produto
Publicado por o día 04/11/2018 na sección de Economía

Comercio destina máis de 41.500 EUROS para a dixitalización e modernización de 10 comercios do Baixo Miño e Condado-Paradanta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou os máis de 41.500 euros que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, acaba de destinar ao comercio das comarcas do Baixo Miño e o Condado-A Paradanta co obxectivo da súa dixitalización e modernización.

O obxectivo destas axudas é impulsar a transformación dixital do sector comercial e artesanal de cara a súa adaptación ás novas tendencias do mercado e para que sexan un motor de crecemento das vilas galegas.

As axudas permitirán aos beneficiados, un total de 10 na comarca do Baixo Miño e Condado-Paradanta (Tomiño, A Guarda, Tui, Ponteareas e As Neves) implantar o actualizar páxinas web comerciais, mellorar a imaxe en liñas dirixidas á comercialización dos seus produtos, optimizar SEO, dispoñer de fotos de calidade profesional, implantar packaging para la venta en liña e implantar ferramentas de xestión e de redes sociais. Ademais, os comerciantes, con estas axudas, tamén poderán levar a cabo obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venta de local comercial, adquirir mobiliario, mellorar a fachada exterior, adquirir ordenadores e dispositivos móbiles, e poñer en marcha accións de publicidade.

“O comercio”, explicou o delegado territorial, “é unha actividade en constante evolución, onde as novas tecnoloxías e os cambios nos hábitos de compra das persoas consumidoras exixen aos comerciantes unha constante actualización. En definitiva, os valores do comercio de proximidade cobran hoxe máis vixencia que nunca: a calidade, a cercanía, a atención personalizada e sobre todo, a imaxe”.

Esta orde de axudas atópase incluída dentro do Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio Galicia 2015-20, que ten entre os seus retos, establecer un novo modelo de

comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos a súa disposición.

Un dos obxectivos deste plan é impulsar a modernización do comercio galego prestando especial atención á imaxe e a presentación do produto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.