Comeza a programación de cursos de cociña na Sede Afundación de Vigo

Nos vindeiros días comezarán os obradoiros «Cociña & family», «Cociña para principiantes», «Todo pola pasta e o arroz» e «Comémonos as cores, ¡verde!»
Publicado por o día 26/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

Comeza a programación de cursos de cociña na Sede Afundación de Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, dá comezo á súa programación de cursos de cociña para a tempada 2019-2020 na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26). O sábado 28 de setembro empezará o primeiro dos talleres, «Cociña & family», unha proposta interxeracional para fomentar a cociña familiar, animar aos máis pequenos a estimular a curiosidade, satisfacer os seus sentidos e explorar unha nova parte da vida a través da cociña.

O luns 30 de setembro será a quenda para «Cociña para principiantes de nivel I», unha boa aproximación á gastronomía para os que desexen comezar a adestrar as súas destrezas culinarias.

Os seguintes cursos serán «Todo pola pasta e o arroz» o mércores 2 de outubro e «comémonos as cores, verde!».

Todos estes talleres serán impartidos por «A cociña de Monse» e as prazas dispoñibles xa foron cubertas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.