Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa décimo sexta edición, reunirá nos próximos días 1 e 8 de maio a 24 equipos de Vigo, da comunidade autónoma deGalicia e de Castela León, xuntando a máis de 300 nenos e nenas e preto de 40 técnicos.
Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros oPavillón Municipal de Navia contando cun total de catro pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas. O domingo 1 de maio terá lugar a competición de categoría feminina, sendo o domingo 8 de maio o torneo para os equipos de categoría masculina.
Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar o título que xa poseen nas súas mans o Giraldo CB (Arousa) e o Eduardo B. Amor (Ourense), campións feminino e masculino da pasada edición celebrada fai un ano.
Proximamente poderán consultarse nesta mesma páxina web os grupos de cada categoría, os calendarios de xogo e toda a información referente co 16º Torneo de Minibásquet “Concello de Vigo” 2016.
PRENSA AREA DEPORTIVA SEIS DO NADAL-COIA
Noticias de última hora en Vigo