Comeza o curso da Escola Municipal de Danza con 250 alumnos

Publicado por o día 11/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Comeza o curso da Escola Municipal de Danza con 250 alumnos

O alcalde inaugurou este martes en dependencias municipais o curso da Escola Municipal de Danza na que se formarán 250 alumnos do total de 1.560 que cursan nas Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas especialidades de artes e oficios, danza, música, música tradicional e teatro.

O rexedor define a oferta como “moi importante” porque a través desta aprendizaxe vanse formando as persoas que manteñen “as pezas clave da cultura tradicional”, engadindo que para o Concello é “unha satisfacción mantelas e aumentar o seu presuposto e a súa participación”.