Comeza o proceso de reestructuración parcelaria na parroquia silledense de Oleiros

Representantes da Consellería do Medio Rural e do Concello explicaron hoxe aos propietarios cómo se realizará o procedemento. Serán convocados nun prazo aproximado de dúas semanas para elexir os representantes da xunta local
Publicado por o día 01/03/2018 na sección de Galicia

Comeza o proceso de reestructuración parcelaria na parroquia silledense de Oleiros

Hoxe arrancaba cunha primeira reunión dos veciños e propietarios de terreos a que será a restructuración parcelaria da parroquia de Oleiros.

O xefe territorial da Consellería do Medio Rural, Antonio Crespo e o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, explicaron xunto coa xefa de servizo de Estruturas Agrarias, María José Pérez,  e con personal técnico da Consellería e da empresa Tragsatec cómo se levará a cabo o proceso.

O seguinte paso será convocar aos veciños nun prazo aproximado de 15 días para a celebración dunha asamblea na que se elexirán aos representantes da chama xunta local, un organismo que participará no proceso. Ademais de técnicos da Administración deben integralo 8 veciños (4 titulares e outros 4 suplentes). Tamén se deberá de crear un grupo auxiliar de traballo, tamén coa  participación de veciños.

A partir de ahí comezará o proceso de investigación, no que se identificarán os prediso e  os propietarios deben de acreditar a titularidade das fincas . Logo realizarase a valoración dos terreos para seguir coa concentración.

Os planos que delimitan a zona a concentrar poderán consultarse no Centro Social da parroquia, no departamento municipal de Urbanismo e na Oficina Agraria Comarcal de Lalín, ademais de na web da Consellería, a fin de facilitar toda a información aos usuarios.

Medio Rural xa ten dado pasos previos para o proceso de concentración das fincas, coma a tramitación ambiental.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, que agradeceu a Medio Rural a reactivación do proceso de parcelaria en Oleiros, advirte que esta iniciativa será beneficiosa para o futuro desenvolvemento da localidade.