Comezan as obras de acondicionamento no recinto do CRA e Centro Social de Lois

Publicado por o día 14/10/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Comezan as obras de acondicionamento no recinto do CRA e Centro Social de Lois

O Concello de Ribadumia informa de que deron comezo as obras para o acondicionamento do recinto do CRA e do Centro Social de Lois (Ribadumia) as cales están financiadas pola Xunta de Galicia a través das subvencións para a creación ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados a prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2019.

As obras ascenderán a un importe de 47.886,63 € (ive incluido) e teñen de prazo de execución este mes de outubro.

As actuacións a levar a cabo son en primeiro lugar un cambio na accesibilidade, quedando a parte frontal só para acceso peonil, liberando do acceso de vehículos as zonas de mais uso do CRA e do Centro Social.

En canto o parque, farase o traslado para a fronte do CRA xuntando os elementos de xogo para que queden todos xuntos, ao tempo que a zona de xogo infantil quedará tamén delimitada por un valado que asegure que os rapaces queden sempre non espazo controlado e seguro.

Farase tamén unha rúa interior entre as dúas edificacións e porase o mobiliario preciso. E no linde norte do recinto unha franxa de zona axardinada que axudará a mellorar o aspecto e calidade do recinto.

Actuacións que veñen a dar resposta as diferentes propostas que os veciños de Lois foron trasladando nas diferentes reunións veciñales.

Comentar noticia

Your email address will not be published.