Comezan as primeiras restrincións de tráfico para a celebración da copa de España de triatlon por clubs

O venres 9 de xuño comezan as primeiras restricións de tráfico por mor da celebración da Copa de España de Triatlón por Clubs
Publicado por o día 07/06/2017 na sección de Deportes,Galicia,Pontevedra,Vigo

Comezan as primeiras restrincións de tráfico para a celebración da copa de España de triatlon por clubs

O venres 9 de xuño comezan as primeiras restricións de tráfico por mor da celebración da Copa de España de Triatlón por Clubs. A partir das 09:00 horas péchase ao tráfico a Avenida Bos Aires, entre a Ponte dos Tirantes e Ponte das Palabras (urbanización Monte Porreiro).

Este tramo permanecerá pechado ao tráfico até o remate da Copa e recollida da loxística,
aproximadamente o domingo día 22 ás 23:00 horas.

RÚAS DIRECTAMENTE AFECTADAS POLO EVENTO DEPORTIVO VENRES 9 DE XUÑO

• Córtase ao tráfico a Avenida de Bos Aires (tramo Pte. dos Tirantes e Pte das Palabras)

SABADO 10 DE XUÑO

• A partir das 14:30 horas péchase ao tráfico todo o circuíto: o Xose Malvar (entre cruce da Seca e a Ponte dos Tirantes).
o Avenida Bos Aires (Ponte Santiago até Ponte das Palabras
Urbanización Monte Porreiro.
o Enxeñeiro Rafael Areses
o Alexandre Bóveda
o Avenida Compostela (sentido entrada cidade)
o Celso Emilio Ferreiro e Campus Universitario

• A previsión de remate das probas e apertura ao tráfico das citadas rúas será ás 21:30 horas.

DOMINGO 11 DE XUÑO

• A partir das 08:00 horas até as 15:30 horas péchase ao tráfico o circuíto:

o Xose Malvar (entre cruce da Seca e Ponte dos Tirantes).
o Avenida Bos Aires (Ponte Santiago até Ponte das Palabras Urbanización Monte Porreiro.
o Enxeñeiro Rafael Areses
o Alexandre Bóveda

CONCELLO DE PONTEVEDRA POLICÍA LOCAL

Para máis información dirixirse ao voceiro da Policía Local no teléfono 986833080, en horario de 08 a 14 h.

Correo electrónico : [email protected] o Avenida Compostela (sentido entrada cidade)-

o Celso Emilio Ferreiro e Campus Universitario

• A previsión de remate das probas e apertura ao tráfico das citadas rúas será as 15:30 horas.
RESTRICCIÓNS DE APARCAMENTOS
• A partir das 22 horas do xoves 8 de xuño prohíbese o estacionamento na Avenida de Bos Aires (entre a Ponte dos Tirante e a Ponte das Palabras).
• A partir das 15 horas do venres 9 de xuño prohíbese o estacionamento en Xose Malvar (entre a rúa da Seca e a Ponte dos Tirantes), Enxeñeiro Rafael Areses, Avenida Compostela, e Avenida de Bos Aires (entre Ponte de Santiago e Ponte dos Tirantes).
• A partir das 22 horas do venres 9 de xuño prohíbese o estacionamento no Campus Universitario e en Alexandre Bóveda.

PROGRAMA INFORMACIÓN PERSONALIZADA

A Policía Local de Pontevedra, dende hoxe, pon en servizo un programa de información personalizada, de tal xeito que ante calquera dúbida todos os cidadáns poden consultar a súa circunstancia especial co relación a mobilidade os días 9 e 10 de xuño.

As consultas pódense realizar mediante contacto telefónico (986 83 30 80) ou por correo electrónico [email protected]