Comezan con éxito as actividades do programa Silleda Activa, para os maiores

Na maioría das actividades hai xa lista de agarda. A oferta continua con actividades de exercicio físico, uso das novas tecnoloxías ou creación artística, entre outros. Só queda prazas para o curso de manualidades e pintura, que arrancará en xaneiro
Por o 10/10/2018 | Sección: Eventos
Comezan con éxito as actividades do programa Silleda Activa, para os maiores

O programa Silleda Activa, con actividades para os maiores vén de comenzar esta semana cun grande éxito. Así, ademais das clases de Musicoterapia Xerontolóxica, con máis de 30 participantes nas xornadas de luns e mércores, hoxe iniciáronse as de Ximnasia terapéutica, que terán lugar os martes e xoves.

O programa, deseñado pola Concellería de Benestar Social, que dirixe Pilar Peón, inclue tamén os exitosos obradoiros “Divírtome co móbil”, en Silleda e na Bandeira, e “Acendo o ordenador”, que se celebrará todos os xoves pola mañá na Casa da Cultura de Silleda, familiarizando aos maiores no uso e manexo das novas tecnoloxías.

Tamén se iniciou hoxe na Casa da Xuventude o obradoiro de memoria, que na Bandeira se celebrará os venres, a partir do vindeiro día 19.

En todas estas actividades está xa cuberto o número de participantes e a día de hoxe hai mesmo lista de agarda, “o que demostra o éxito rotundo do programa que se vén realizando no municipio de Silleda dende o ano 2012”.

A partir de xaneiro

As dúas únicas actividades con prazas  libres son os obradoiros “Traballo coas mans”, de manualidades e o curso de pintura, que se celebrarán a partir do mes de xaneiro.

O primeiro deles, o de manualidades celebrarase os mércores pola tarde na Casa da Xuventude (de 16:00 a 17:00 horas) e o de pintura, os mércores en horario de mañá na Casa da Cultura. Todas aquelas persoas interesadas en participar poden informarse e inscribirse chamando ao 986 592037. Nestes dous cursos só hai que pagar o material.

O resto das actividades, agás as clases de xinmasia terapéutica cun custe de 15 euros ao mes, son totalmente gratuitas para os usuarios e usuarias.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.