Comezan os concertos didácticos da Escola Municipal de Música de Vigo

“Pretendemos divulgar a ensinanza da música e o efecto de saber facela”, sinalou o alcalde, Abel Caballero.
Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Comezan os concertos didácticos da Escola Municipal de Música de Vigo

A Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV) comezou este luns cos concertos didácticos, dentro do programa “Música coa escola”. Durante dúas semanas, o Auditorio Municipal acollerá a 2.461 alumnos/as de ensinanza Primaria, de 41 centros de ensinanza, tanto pública coma concertada, da cidade.

Os vindeiros días 18, 20, 21 e 22 de marzo a EMMV presentará aos escolares vigueses o concerto “Emo sons”, no que abordará, coa axuda da música o mundo das emocións, co obxectivo de valorar a importancia da música como expresión de sentimentos e emocións.

Posteriormente, do 8 ao 12 de abril, a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), presentará o concertó “Vigo en sons”, cun repaso didáctico ao rico repertorio de grupos de música tradicional e folk da cidade.

“Pretendemos divulgar a ensinanza da música e o efecto de saber facela”, sinalou o alcalde. Abel Caballero apuntou que “os nenos e nenas comprendan o que significa a música e o desarrollo cultural que supón”.

Todos os concertos serán ás 12:00 horas da mañá, agás o día 20 de marzo no que a sesión será dobre e comezará ás 10:00 horas.