Hoxe comezaron os cursos de prevención de riscos laborais organizados por CCOO. Esta acción formativa realízase ao abeiro da Orde do 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2017
Os cursos básicos de prevención teñen unha duración de trinta horas e realizaranse, en principio, na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo entre os meses de setembro e outubro.
O primeiro dos cursos comezou hoxe en Santiago de Compostela e impárteo Manuela Caneda, técnica superior de prevención de riscos do Gabinete de Saúde Laboral de CCOO de Galicia.
Noticias de última hora en Vigo