Comezan os preparativos para a homenaxe a Carlos Casares en Xinzo de Limia o Día das Letras Galegas

O recoñecemento institucional da Xunta de Galicia e o acto principal da RAG terán lugar o 17 de maio neste concello, ao que o escritor foi vivir coa súa familia aos 4 anos de idade

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, para coordinar o acto institucional do próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, no marco dunha xuntanza na que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Luis Miguel Gil, e o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar.

A homenaxe institucional da Xunta de Galicia a Casares e o acto principal da Real Academia Galega terán lugar o próximo 17 de maio no municipio limiao, ao que o escritor foi vivir coa súa familia aos 4 anos de idade. As vivencias na comarca da Limia terán unha destacada pegada na obra literaria de Casares.

Noticias de última hora en Vigo

2017Carlos Casaresletras galegasreal academia galega

SIGUENOS EN TELEGRAM