Comezan os traballos de creación do segundo parque forestal de Pontevedra: A Tomba

Disporá de 17 quilómetros de senda peonís e ciclistas. Faranse plantacións de especies autóctonas e habilitarase un miradoiro na parte alta.
Publicado por o día 13/01/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

Comezan os traballos de creación do segundo parque forestal de Pontevedra: A Tomba

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o reinicio do contrato de acondicionamento do parque forestal da Tomba, na parroquia de Campañó, logo de ter recibido o informe de arqueolóxica preceptivo. As obras están en marcha dende a pasada semana por un orzamento de 372.254,54 euros a cargo da empresa Elsamex, adxudicataria dos traballos que se prolongarán durante 12 meses.

O futuro parque forestal da Tomba ocupará 62 hectáreas e contará con 17 quilómetros de sendas, delas 1,1 km poderán ser transitadas por coches e 15,9 serán para peóns e de convivencia (segundo os tramos) con ciclistas de paseo.

Terá plantacións de especies autóctonas: 22 hectáreas de souto, 20 hectáreas de frondosas (castiñeiros e carballos) 3 hectáreas de oliveiras e 15 hectáreas de bosque mixto.

Na parte alta terá un miradoiro sobre Pontevedra.

Comentar noticia

Your email address will not be published.