Comezaron as obras na Baixada a Lagoa logo da denuncia e da mobilización veciñal

Aínda segue un muro en perigo de caerse.
Publicado por o día 20/09/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Comezaron as obras na Baixada a Lagoa logo da denuncia e da mobilización veciñal

Esta semana comezaron as obras para a reparación do afundimento existente na Baixada a Lagoa, este afundimento levaba máis dun ano sen reparar.

O mal estado desta Baixada provocaba dificultades para circular vehículos, sendo o aceso existente para praias da Lagoa, A Manquiña e A Fabrica e un dos acesos para o paseo do borde do litoral.


Esta situación xa fora denunciada pola Asociación Veciñal de Teis no 2018 e neste verán. Ademais da denuncia o pasado 1 de agosto celebrouse unha concentración no lugar do afundimento, esixindo unha actuación do Concello de Vigo.

A denuncia é a mobilización veciñal, foi o conseguiu que o goberno municipal comezara a reparar a Baixada a Lagoa, se non aínda estariamos agardando por unha solución.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, queremos lembrar que nesta Baixada, hai un muro en perigo de caerse, que esta sinalizado desde hai meses. A Asociación, na xuntanza celebrada onte coa Concelleira de Urbanismo, reiteramos o solicitado por escrito de que se esixa ao propietario deste muro a reparación do mesmo, manifestan.

Comentar noticia

Your email address will not be published.