A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, amosa a súa satisfacción trala xuntanza coa comisaria europea de Transportes, Violeta Bulc na sede da Eurocámara en Estrasburgo, na que a responsable comunitaria confirmou que, a efectos do Executivo europeo, o caso da traxedia do Alvia permanece aberto.
Neste encontro, Miranda trasladou á comisaria a petición de apertura dun procedemento de infracción contra o Estado español por incumprimento da normativa comunitaria en materia de seguridade ferroviaria. En concreto, a portavoz nacionalista en Bruxelas fixo referencia a que “nin Renfe nin ADIF verificaron os sistemas de seguridade de circulación, nin elaboraron o análise de riscos de todos os sistemas da liña 082”.
A falta dos necesarios mecanismos de seguridade na vía foi o principal elemento que provocou a maior traxedia ferroviaria en Galiza, con 82 mortos e máis de 140 feridos. “Este tren non debería terse posto en marcha”, indicou Miranda que avanzou a disponibilidade da comisaria Bulc a manter unha segunda reunión para facer un seguimento sobre este asunto.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.