Comisión Alvia: O Técnico Villarino recoñece presións en Adif e Renfe para non falar das responsabilidades no accidente de Angrois

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, preguntou este mércores ao técnico de Renfe, José Enrique Villarino, por varias cuestións, entre outras, polas presións que poden existir en Renfe e Adif e o medo a falar das causas e responsabilidades no accidente de Angrois.
Publicado por o día 19/09/2018 na sección de En Marea,Política

Comisión Alvia: O Técnico Villarino recoñece presións en Adif e Renfe para non falar das responsabilidades no accidente de Angrois

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, preguntou este mércores ao técnico de Renfe, José Enrique Villarino, e ao técnico da Dirección Xeral de Infraestruturas Ferroviarias, José Luis González Navarro, na Comisión de Investigación do Accidente do Alvia.

“Pensa que houbo presións após o accidente de Angrois dentro de Renfe ou Adif? Hai medo a falar das posibles causas e responsabilidades dentro das compañías”, preguntou a deputada.

O técnico de Renfe asegurou ter coñecemento “en conversacións con compañeiros” que “hai xente dentro de Renfe que quere falar do acontecido pero que non quixeron ou non poideron para non poñer en risco o seu posto de traballo. Si hai medo a falar”, concluiu.

Villarino asegurou que “é imposible que nunha empresa onde hai 7000 persoas todos os empregados opinen o mesmo dun accidente destas características”.

CULPA AO MINISTRO

O técnico non dubida en sinalar ao ministro de Fomento no momento da inauguración do Tramo, José Blanco.

“O responsable político da institución, con dúas compañías publicas RENFE e ADIF, é o Ministro. O enxuizamento político lévame a pensar que o responsable político é quen tomou decisión para que se fixeran chapuzas para que se inaugurase a alta velocidade a Galicia antes de que se producise un cambio de Goberno. Hay unha clara responsabilidade política”, asegurou o técnico en resposta a Fernández.

Ademais, ante a pregunta da deputada sobre unha preseunta “trama de ocultación” para evitar a Comisión de Investigación do accidente, o técnico asegurou que “non parece lóxico que se sustancie unha investigación cinco anos despois do accidente” porque “as responsabilidades políticas, penais e funcionais deben esixirse desde o primeiro día”.

Por outra banda, a deputada preguntou a González Navarro se a liña e o tren tiñan o certificado europeo requerido, traendo á comisión as declaracións do director da ERA, Josef Doppelbauer, nas que cita a falta de probas en canto á aplicación da directiva de interoperabilidade tanto na vía como no tren.

José Luis González Navarro respostou que o cumplimento da normativa europea era considerado pola Dirección Xeral de Infraestruturas Ferroviarias como un “plus”, algo que a deputada calificou de “vergoña”.