A Comisión de Facenda aproba a PNL presentada por En Marea para a elaboración dun plan financieiro para os asteleiros públicos

En Marea solicita a revogación da dirección de Navantia pola súa nefasta xestión
Por o 25/10/2016 | Sección: En Marea,Naval,Política,Vigo
A Comisión de Facenda aproba a PNL presentada por En Marea para a elaboración dun plan financieiro para os asteleiros públicos

A Comisión de Facenda e Administracións Públicas do Congreso dos Deputados aprobou esta mañá unha Proposición non de Lei presentada por En Marea na que se insta ao Goberno á elaboración e aprobación dun plan financieiro para os asteleiros públicos galegos. A deputada Yolanda Díaz, que foi a encargada de defender esta iniciativa, centrou a súa exposición na necesidade de aprobar xa este plan, porque urxe reordenar o equilibro das contas públicas de Navantia.

Como afirmou Díaz, “o último balance contable de Navantia mostra de novo datos económicos negativos, con perdas en 2015 que rondan os 168 millóns de euros. E os datos que se coñecen de 2016 van en sintonía negativa cos xa mencionados, superando perdas de 20 millóns de euros nos dous primeiros meses de 2016”.

Isto indica, continúa Yolanda Díaz, que “a situación da xestión de Navantia é nefasta, xa que nunca nos atopamos cun balance contable semellante, cun incremento de perdas que nin sequera existían cando había cero de carga de traballo no sector naval”. Ante esta situación a deputada de En Marea solicitou de novo “remover a dirección de Navantia”, xa que a súa xestión está derivando ao sector naval a una situación de risco extremo”.

A representante de En Marea na Comisión de Facenda sinalou que “estas dificultades non se deben só á falta de carga de traballo, senón que a empresa non tén capacidade para dar resposta aos contratos asinados, ao carecer de xestión, tanto no financieiro como no laboral”.  De feito, sigue Yolanda Díaz, “nos últimos anos as políticas levadas a cabo polo PP están provocando o afogamento do sector público industrial, acrecentado pola falla de partidas necesarias nas sucesivas Leis Xerais de Presupostos desde o ano 2012”.

Neste senso, Díaz Pérez manifestou que os guiños que fai o PP indican que dalgunha forma imos a acudir a privatizacións indirectas de Navantia, “e decimos indirectas porque é verdade que formalmente non puxemos o asteleiro Navantia Fene a disposición da empresa privada, pero o certo é que este asteleiro está a disposición dunha empresa que se chama Iberdrola, que ocupa todas e cada unha das instalacións, coa construccións dos seus “jackets”, o único que se está a fabricar aquí”. Ese é, sentencia Díaz, “o gran soño desexado do PP, o de privatizar estes asteleiros no conxunto do estado”.

Nesta Proposición non de Lei, En Marea tamén instaba ao Goberno a facer cumprir o acordo parlamentario do pasado 27 de abril no que se acordou a elaboración dun plan industria para Navantia. Cabe lembrar que na data indicada os diferentes grupos parlamentarios con representación no Congreso de los Diputados aprobaran, a instancias del grupo parlamentario de Podemos-En Comu Podem-En Marea, e por unanimidade, unha PNL na que se instaba ao Goberno, á SEPI e a Navantia, a que adoptaran as medidas necesarias para negociar un plan industrial viable para os asteleiros galegos. Este Plan Industrial debería definir a carga de traballo, ampliando a oferta para a construcción de buques do sector civil, incorporando novas actividades, como as enerxías renovables.

Tamén se solicitara un plan financieiro para garantir os recursos necesarios para manter a actividade, incluíndo un plan de investimentos e en I+D+I. Asemesmo, neste acordó esixíase un plan laboral que asumise o necesario relevo xeneracional na plantilla e que se regulara e se fidelizara a industria auxiliar.

Sen embargo, e como sinalou Yolanda Díaz, “a día de hoxe a situación segue a ser a mesma, e non se adoptaron as medidas necesarias para iniciar as negociacións entre o Goberno en función, a empresa e a representación legal das traballadoras para a elaboración do citado plan industrial”.

A deputada de En Marea destacou na súa intervención que “estamos ante un Goberno profundamente irresponsable que utiliza como arma propagandística ao noso sector naval única e exclusivamente en campaña electoral”.

Noticias de última hora en Vigo