Comisións Obreiras e Esquerda Unida auguran que a folga do 8 de marzo será un éxito

O secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras, Ramón Sarmiento, recibiu esta mañá na sede sindical unha delegación de Esquerda Unida da que formaron parte, entre outras persoas, a coordinadora nacional, Eva Solla, e o secretario de Organización, Rubén Pérez.
Publicado por o día 16/02/2018 na sección de CC.OO,Esquerda Unida,Política,Sindicatos

Comisións Obreiras e Esquerda Unida auguran que a folga do 8 de marzo será un éxito

O secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras, Ramón Sarmiento, recibiu esta mañá na sede sindical unha delegación de Esquerda Unida da que formaron parte, entre outras persoas, a coordinadora nacional, Eva Solla, e o secretario de Organización, Rubén Pérez o pasado luns.

Algúns dos temas tratados na xuntanza foron a situación do sistema público de pensións, a «intolerable» fenda salarial entre homes e mulleres, a precariedade laboral, a situación da mocidade, a renuncia da Xunta a apostar polo I+D+i ou as mobilizacións da sanidade pública.

Ambas as dúas organizacións amosaron coincidencia en «tecer unha estratexia global» que permita a participación de todos os espazos políticos e sociais na loita para a recuperación dos dereitos da clase traballadora.

Auguran o éxito da folga do 8 de marzo

Canto á folga convocada para o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, desde CCOO e EU auguraron o «éxito» da convocatoria, tanto en termos de participación, que se prevé masiva, como de «inicio dun espazo unitario reivindicativo e de clase».