O Comité de Defensa do Monte Galego convoca hoxe unha concentración en Ourense para esixir unha nova política forestal

A mobilización terá lugar este xoves día 8 diante da Casa de Chocolate ás 20.00 horas
Publicado por o día 08/09/2016 na sección de Medio Ambiente,Ourense,Protestas,Vigo

O Comité de Defensa do Monte Galego convoca hoxe unha concentración en Ourense para esixir unha nova política forestal

O Comité de Defensa do Monte Galego vén de convocar unha concentración en Ourense para denunciar a desfeita do medio natural que está a padecer a provincia a causa dos incendios e para reclamar un cambio na política forestal. A mobilización terá lugar este xoves día 8 diante da delegación territorial da Xunta, na Casa de Chocolate, ás 20.00 horas.

O Comité de Defensa do Monte Galego, acordou convocar a mobilización durante a xuntanza urxente celebrada este mércores para avaliar o impacto da vaga de incendios forestais que está a arrasar milleiros de hectáreas en toda a provincia.

A concentración, que se celebra baixo o lema ‘Lumes nunca máis. O noso monte importa’, terá lugar este xoves día 8 diante da delegación territorial da Xunta -situada na Casa de Chocolate (Avenida da Habana, 79)- a partir das 20.00 horas.