O comité de Elnosa achega á cidadanía de Pontevedra a preocupación polo futuro industrial

Manifestación o próximo venres, día 10 de novembro
Publicado por o día 07/11/2017 na sección de CC.OO,Galicia,Pontevedra,Protestas,Sindicatos

O comité de Elnosa achega á cidadanía de Pontevedra a preocupación polo futuro industrial

O comité de empresa de Elnosa continúa coa súa mobilización a prol do futuro industrial da comarca de Pontevedra. Con motivo da manifestación do próximo día 10, organizaron unha exposición na rúa para informar desta problemática a toda a cidadanía.

 A electroquímica Elnosa dispón a día de hoxe de 64 traballadores con contrato indefinido, de arredor de cen traballadores de distintas empresas subcontratistas —pero que prestan o servizo de forma estable nas súas instalacións—, amais do emprego inducido nun número importante de transportistas.

Debido á prohibición comunitaria de manter a produción de cloro con mercurio, a planta de Elnosa deixará de producir o vindeiro 11 de decembro. A partir desa data, existe o compromiso tácito de manter o emprego e dedicarse exclusivamente a producir hipoclorito (lixivia) e aos traballos de desmantelamento e descontaminación das instalacións vinculadas ao esquema de produción anterior.

Manifestación o venres, día 10

Para defender o futuro industrial da comarca de Pontevedra, CCOO e o comité de empresa de Elnosa convocan unha manifestación o próximo venres, día 10 de novembro, ás 20 horas, desde a praza da Ferrería