Todo o persoal do servizo de cociña de EOXI Vigo, nos centros de traballo hospitais de Meixoeiro, Nicolás Peña e Álvaro Cunqueiro, despois de celebrar unha asemblea xeral tomaron a seguinte decisión, comunicaronlle á empresa que non aceptan nin recolleran o agasallo de Nadal que Arcasa lles agasalla, tampouco asistiran aos petiscos que lles ofrecen.
Os motivos son de sobra coñecidos por todo o cadro de persoal.
Despois dun ano de incumprimentos e de promesas falsas e por suposto de denuncias ante a Inspección de Traballo, o cadro de persoal estamos totalmente defraudadas/os e nos sentimos enganadas/os pola empresa polo que non está no noso ánimo recibir un regalo no Nadal.
Como ben sabe a cidadania o novo sistema de preparación de alimentos implantado polo Sergas non funciona satisfactoriamente, o Comité de Empresa, miles de veces denunciamos que os pacentes se queixan das comidas e que estas teñan tan mala acollida depende do sistema de refrixeración e de organización, non do noso traballo. O cambio de empresa (antes Serunión) non axudou a mudar esta situación, senón que repetimos nos mesmos problemas, tanto laborais como de organización, manifestan desde o comite.
O comite di que este último ano tentaron solucionar os seus problemas laborais, sen éxito, dado que a empresa nin se presenta, polo que ven como unha ofensa recoller agasallos e celebrar ningún brindis.
“Creemos que Arcasa debe cumprir igual que cumprimos nos, darnos un agasallo é taparnos a boca e tratarnos de idiotas” sinalan desde o comite de empresa.
Por ultimo din que “que cumpra a lei, que cumpra o Convenio, que cumpra cos pacentes, é ese xa é o noso premio”.