O comité de folga mantén o paro do día 13 na xustiza galega despois do “brinde ao sol” da Xunta

Celebraranse manifestacións e concentracións ás 12.00 horas nas sete grandes cidades de Galiza
Publicado por o día 12/12/2017 na sección de CC.OO,CIG,CSIF,CUT,Protestas,Sindicatos,UGT

O comité de folga mantén o paro do día 13 na xustiza galega despois do “brinde ao sol” da Xunta

O comité de folga do sector da xustiza galega –formado por CIG, SPJ-USO, CUT, UXT, CSIF, STAJ,  e CC.OO.– mantén a segunda xornada de folga convocada para mañá día 13 despois do “brinde ao sol” da Xunta, por non achegar un documento con propostas para “avanzar” na mellora das condicións laborais.

A Administración “non moveu ficha”.

O documento presentado ao comité de folga só recolle as reivindicacións que realizan as centrais sindicais, sen cantidades nin prazos, que é o que reclaman. Non hai ningún avance.

Por iso, o comité de folga, ratifica a convocatoria de folga do 13 de decembro e advirte de que se non cambia a postura da Administración,  continuarán coas mobilizacións.

O conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, incumpre o acordo parlamentario do 5 de decembro, ao non realizar ningunha oferta ao comité de folga e ao non garantir aos traballadores de xustiza as melloras nas súas condicións laborais.

A Consellería, lonxe de tender pontes para o diálogo entre as partes, a dinamita. A falta de vontade política para o diálogo é evidente: a Xunta pode pero non quere. Non houbo avance porque a Administración non trouxo motivos para avanzar.  

Celebraranse  manifestacións e concentracións ás 12.00 horas nas sete grandes cidades de Galiza

A CORUÑA……………….. Manifest. Ás 12.- Saída de Capitan Juan Varela pasa pola Fábrica de Tabacos e chega ao Tribunal Superior de Xustiza.

SANTIAGO………………… Concentración ás 12,00 horas no  Edificio Xulgados, Fontiñas.

FERROL……………………Concentración ás 12,00 horas no  Edificio Xulgados, rúa Coruña.

LUGO……………………..…. Concentración ás 12,00 horas no  Edificio Xulgados rúa Armando  Durán.

OURENSE………………… Concentración ás 12,00 horas no  Edificio Xulgados, rúa Velázquez.

PONTEVEDRA…………. Manifest. ás 11.30.- Saída de A Parda ata a Audiencia provincial. 

VIGO……………………..…… Manifest. Ás 12,OO.- Saída  Edificio Xulgados,  rúa Lalín.