O comité Intercentros da CRTVG exixe o cese do Xefe de Redacción da Radio Galega

Dirixiu un escrito ao Director Xeral da Corporación a raíz do artigo “Carroñeros de la desolación
Por o 26/10/2017 | Sección: Protestas,Sindicatos,TV
O comité Intercentros da CRTVG exixe o cese do Xefe de Redacción da Radio Galega

O Comité Intercentros da CRTVG vén de facer entrega ao Director Xeral da CRTVG dun escrito no que lle expresa o seu malestar e rexeitamento ás opinións feitas públicas pólo Xefe de Redación da Radio Galega, Luis Ojea, na columna titulada “Carroñeros da desolación”, que publicou hai uns días no  xornal ABC e exixe o seu cese.

O Comité Intercentros  considera que as opinións de Luis Ojea, partidarias e ofensivas contra as plataformas e organizacións cidadás que democraticamente exercen o seu dereito de opinión e manifestación, son impropias dun responsábel dunha canle de titularidade pública, que debe respectar os  principios de integridade, honestidade, imparcialidade, obxectividade e respecto ao marco xurídico e á cidadanía, conforme ao establecido na Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

O Comité Intercentros exixe ao Director Xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia que, no exercicio das súas competencias legais, proceda a cesar de forma inmediata ao Xefe de Redacción da Radio Galega, Luis Ojea.

Nado en Vigo hai 36 anos. Nacionalista Galego, Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.