Como é o teu verán?

Por o 25/06/2019 | Sección: Cultura
Como é o teu verán?
Compartir en:

Co comezo do verán o corpo pide mar, montaña, música en directo ou unha viaxe sen fin. Para todo temos algo que dicir, por iso desde o 112 Galicia agardan que goces do verán, pero tamén piden que teñas moi en conta unha serie de recomendacións que poñemos nas túas mans para reducir riscos e accidentes:

  • Na praia, respecta as indicacións dos socorristas.
  • Na montaña, activa o GPS e utiliza as ferramentas de xeolocalización.
  • Se acodes con nenos pequenos a eventos cunha gran afluencia de público, ponlles unha pulseira de identificación.
  • Para viaxes sen fin, descansa cada dúas horas.

En todos os casos, aplica o sentidiño.

Comentar noticia

Your email address will not be published.