Como empezou a problemática da proliferación de mesas e cadeiras na vía pública en Vigo?

Por o 18/07/2019 | Sección: Galicia,Opinión por Rubens Rocha,Vigo
Como empezou a problemática da proliferación de mesas e cadeiras na vía pública en Vigo?
Compartir en:

Todo comezou coa ditosa “taxa cero” entrou en vigor no 2011 para compensar os prexuízos que para o sector da hostalería provocaba a lei antitabaco, que impedía fumar no interior de todos os establecementos. Oito anos despois, coa lei completamente implantada e en aras de crear unha nova normativa para regular, nesta ocasión, o uso de cigarros electrónicos, as solicitudes de terrazas caeron nun 30 por cento, con 421 en 2012 e tan só 360 en 2013, pasado o tempo concretamente no 2017 censo de terrazas en la calle se quintuplicó desde as humanizacións e a recadación total deste exercicio foi 205.720,67 euros.

Esta última cifra segue sendo superior á rexistrada en 2010, con 300 solicitudes, antes da entrada en vigor da práctica gratuidade da taxa municipal para terrazas, que pasou de 106,8 euros por metro cadrado aos 5,34 que se pagan na actualidade por metro cadrado nunha rúa do centro da cidade.

A media de cada velador actualmente no 2019 (unha mesa e catro cadeiras) é duns 105 euros todo o ano, unha cantidade que sen dúbida amortizan os hostaleiros en pouco tempo, especialmente no verán.

Con esta medida, Vigo pasou de ser a cidade máis cara de Galicia á máis barata, con prezos que van desde os 2,74 euros por metro cadrado en rúas de segunda categoría ata os 0,75 euros que se cobran aos establecementos emprazados nas zonas rurais do municipio, dentro da categoría seis. Ademais, a ordenanza municipal prohibiu nas terrazas a presenza de aparellos de venda automática, fotografías, básculas e similares.

Foi Pontevedra a que colleu a substitución de Vigo e converteuse na cidade coas taxas para terrazas máis caras, con prezos que superan os 100 euros por metro cadrado. Por detrás está Ferrol, que con todo cobra 41 euros por metro cadrado, menos da metade que o Concello pontevedrés polas terrazas. Na Coruña, pola súa banda, os hostaleiros puxéronse en pé de guerra desde que a partir do ano pasado cóbraselles 25 euros por metro cadrado cando ata entón tan só pagaban por solicitar a terraza, independentemente da zona na que esta se situase.

No 2017 denunciábase o incrementou o modelo de cubertas, con estufas e mantas engadidas e novos elementos que converteron estes espazos en recintos case permanentes e unha “extensión” do local. Poñer coto a este fenómeno é unha das intencións que as oposicións Marea de Vigo e Bloque Nacionalista a día de hoxe 2019 desexan unha renovación da devandita ordenanza.

A día de hoxe descoñocese o censo de cantas terrazas e licencias hai, como tampouco se fixo publicas as sancións a locais hosteleiros da cidade.

Moitos e moitas viguesas mostranse moi molestos polos inconvintes que hai a hora de transitar polas rúas da cidade xa que os hosteleros coparon as humanizacións realizadas na cidade até o punto de ser intransitables las beirarúas e invasión das estradas co perigo que conleva a ser atropelado/a.

Os casos mais rechamantes son os da praza da vila (praza da constitución), a praza da Concatedral de Santa María de Vigo e Montero Ríos onde hai que pedir permiso para transitar pola zona que é pública máis os hosteleros non miran polas persoas que pasean nin polos veciños e veciñas da contorna causando problemas de saúde mental, cando ocorre o dos problemas de saúde mental os afectados/as acaban abandonando os barrios.

Una respuesta para "Como empezou a problemática da proliferación de mesas e cadeiras na vía pública en Vigo?"

  1. Gamela   21/07/2019 at 11:17

    mentras tropezamos con sillas e mesas e sombrillas e toldos por toda a cidade… a mellor terraza de Vigo leva anos feita unha escombreira, e parece que a ninguén lle importa dar esta imaxe horribilis da cidade.. ¿Estarán pensando en facer outro Marina Cíes Beach Club no Castro?
    https://flic.kr/p/fbZW5Q

    Por non falar das traseiras de ladrillo vista adosadas á muralla do Castelo do Castro dende tempo inmemorial… Os turistas que visitan o Castro levarán sempre un recordo noxento de Vigo (pero seica o 70% dos vigueses pensan que está ben como está…?)

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.