Compara as 80 tarifas de móbil con chamadas ilimitadas que ofertan 22 compañías

Entre as ofertas con datos a prezos máis baixos destacan os 7,99 euros de Suop por 2 Gb, os 9,90 euros de Finetwork por 7 Gb e os 9,95 euros de Xenet por 8 Gb.
Publicado por o día 12/11/2019 na sección de FACUA,Social,Telefonía

Compara as 80 tarifas de móbil con chamadas ilimitadas que ofertan 22 compañías

FACUA-Consumidores en Acción realizou en novembro un estudo comparativo sobre as 80 tarifas móbiles con chamadas nacionais ilimitadas de 22 compañías.

Entre as ofertas con datos a prezos máis baixos destacan os 7,99 euros mensuais de Suop por 2 Gb, os 9,90 euros de Finetwork por 7 Gb e os 9,95 euros de Xenet por 8 Gb.

Unha das tarifas con chamadas ilimitadas máis estendidas nos últimos tempos é a que ofrece 20 Gb, onde a oferta co prezo máis baixo é a de Finetwork, 14,90 euros, e a máis cara a de Movistar, que supón 45 euros mensuais.

Entre as ofertas con máis de 20 Gb, destacan os 17,95 euros que cobra Xenet por 25 Gb. En 30 Gb, os prezos máis baixos son os 19,95 euros de Xenet e os 20 euros de Digi.

En canto ás ofertas con maior número de datos, Xenet ten o prezo máis baixo para 50 Gb mensuais, 24,95 euros. Ese número de Gb ofréceno tamén Euskaltel e R, ambas as por 39 euros; estas dúas compañías tamén comercializan 100 Gb por 69 euros. Pola súa banda, Vodafone oferta datos supostamente ilimitados por 49,99 euros, pero nunha ambigua cláusula que FACUA considera abusiva a compañía advirte de que non permite “o uso intensivo e continuado que poida provocar ou provoque conxestión na rede Vodafone”.

Das 22 compañías analizadas, só Digi, Finetwork, Lowi, Pepephone e Simyo ofrecen os datos acumulables, isto é, que os que non se consuman poden utilizarse no seguinte período de facturación.

O estudo de FACUA realizouse sobre a base das condicións finais de cada unha das ofertas, sen ter en conta as promocións polas que en determinados casos os primeiros meses aplican unha cota mensual máis baixa ou un maior número de Gb.

Factores a ter en conta

A asociación lembra que ao elixir unha tarifa de móbil con chamadas ilimitadas non só hai que ter en conta o número de Gb que inclúa e o prezo fixo mensual, senón a calidade da rede do operador e do seu servizo de atención ao cliente. En relación á rede, é importante revisar baixo que cobertura -Movistar, Vodafone, Orange ou Yoigo- ofrecen os seus servizos os operadores móbiles virtuais.

Tamén é importe valorar, sinala FACUA, se os Gb non consumidos son acumulables para o mes seguinte e se a compañía reduce a velocidade ou aplica unha tarifa por cada Gb adicional consumido polos usuarios.

FACUA advirte aos usuarios de que as tarifas de móbil poden incluír chamadas nacionais ilimitadas, bonos de minutos, un prezo fixo por cada chamada ou un prezos polo inicio de cada comunicación máis unha tarifa por cada segundo de conversación. Para optar por unha outra modalidade hai que revisar o consumo habitual de servizos de voz e comparar as ofertas de distintas compañías nas distintas modalidades tartifarias tenendo en conta así mesmo o número de Gb que inclúan as tarifas.

Estas son as 80 tarifas con chamadas ilimitadas ofertadas polas 22 compañías comparadas por FACUA:

Comentar noticia

Your email address will not be published.