Compormiso por Galicia sinala que o presuposto para o alumeado de nadal é claramente insuficiente e acusa ao alcalde de non levar toda cidade o nadal

COMPROMISO POR GALICIA DI QUE ALCADE DE VIGO NON ESTÁ MOI ILUMINADO NA SUA DECISIÓN SOBRE O ALUMEADO DE NADAL XA QUE A INVERSIÓN É CLARAMENTE INSUFICIENTE PARA A NOSA CIDADE.
Publicado por o día 20/09/2018 na sección de Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo

Compormiso por Galicia sinala que o presuposto para o alumeado de nadal é claramente insuficiente e acusa ao alcalde de non levar toda cidade o nadal

Desde Compromiso piden ao alcalde que o alumeado de nadal chegue a todos os barrios e parroquias de Vigo. para o que piden un aumento da partida nos orzamentos municipais xa que consideran a mesma como claramente insuficiente, e é que segundo os seus cálculos, aproximados, deberia chegar ata os 6 millóns de euros anuais, ou 7 ou 9, o que mellor veña. Entenden desde os galeguistas que as necesidades da nosa cidade pasan inescusablemente por ter todas as ruas alumeadas de festa e suficientemente adornadas nesta época festiva onde celebramos o antigo rito de saturnalia.

O secretario local, Cortés Alonso di: “o alcalde quere fazer as cousas a medias, así non é maneira!!”,…. Vigo ben merece moitas mais luces, a nosa proposta incluso vai mais alá, deberiamos pedir ao alcalde que poña adornos e luces en toda a ria e que a pagaran a resto de concellos e tamén a Xunta. Hoxe coñecimos que as persoas de Vigo vamos a gastar mais de 1’5 millóns de euros, isto é un novo engano para a cidade, Vigo ben merece moito mais, que moito mais? infinito!!!”.

O ALCALDE DE VIGO DEBE DAR CONTA Á CIDADANIA, QUE NON PODE ENTENDER ESTE GASTO MÍNIMO DOS CARTOS PÚBLICOS DE TODOS PARA CELEBRAR UNHAS DATAS TAN ESPECIAIS.

Informan os galeguistas, que non entenden como o alcalde non exise tamén ao ministerio de Medio Ambiente que engalane as Illas Cies para que foran contempladas desde toda a ria de Vigo engalanadas para a ocasión con millóns de luzes led´s. Recordan desde Compromiso que as Illas Cies son parte do noso concello e nunca nelas se chegou a fazer ningunha inversión dirixida a esta via de adorno de nadal. Neste sentido, os galeguistas estarian dispostos a aprobar unha liña de crédito especial para chegar a solucionar o grave problema que para a cidadania viguesa supón o alumeado de nadal, problema que entenden os galeguistas como unha das herdanzas do mandato en maioria absoluta de Abel Caballero e que o alcalde nunca foi quen de resolver, xa que nunca gastou os cartos necesarios neste ambito e asi nunca vai chegar a ser o mellor alcalde da historia de Vigo.

Para mais, Cortés Alonso sinala que o alumeado de Nadal deberia ser acendido o mais tardar no dia de todos os Santos, para ter xa na cidade unha ambientación para a festa do Samain ou Halloween, xa que estas festas tamén merecen un lucerio especial.