Composta Coruña da comezo

O Concello de A Coruña, xunto coa asociación ambientalista Amigos da Terra, pon en marcha un programa de compostaxe doméstica dirixido a 50 familias. Unha aposta firme e decidida por mellorar o modelo de xestión dos residuos no municipio.
Publicado por o día 20/06/2017 na sección de A Coruña,Amigos da Terra,Galicia

Composta Coruña da comezo

A preocupación do Concello de A Coruña polo aumento progresivo da cantidade de residuos, os problemas derivados do actual modelo de xestión e a necesidade de atopar unha alternativa a esta situación, foron os motivos principais que fixeron poñer en marcha este programa que comeza mañá coa fase formativa.

O proxecto iniciouse hai xa uns meses co proceso de selección de familias, os requisitos para participar incluían o habitar unha vivenda unifamiliar de A Coruña con parcela anexa, a concienciación ambiental e o número de habitantes da vivenda. Finalmente, escolleronse as 30 familias participantes que cumprían estes requisitos para a primeira fase e mantense aberta unha lista de espera con 20 prazas máis no Concello para unha segunda fase do proxecto.

A parte formativa do ten lugar hoxe martes ás 18h no Centro Cívico de Elviña.

Trala formación efectuaráse o reparto de material, por parte do Concello que consistirá nun composteiro de 400 litros a cada familia participante e un manual de compostaxe para coñecer máis do proceso.

Os veciños/as, contarán durante un ano, co asesoramento técnico persoalizado a domicilio, por parte dos técnicos da asociación ambientalista que levará a cabo o proxecto, Amigos da Terra.

Durante este ano traballarase co obxectivo de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un compost de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos.