Compromiso apoiará un goberno de cambio que teña un plan de modernización para Navantia.

Xoán Bascuas e Raquel Pillado reuníronse co comité de empresa.
Publicado por o día 16/09/2016 na sección de Compromiso por Galicia,Elecciones 26J,Naval

Compromiso apoiará un goberno de  cambio que teña un plan de  modernización para Navantia.

Compromiso propón un plan de modernización que garanta a competitividade e o futuro da empresa.

Xoán Bascuas, candidato á Presidencia da Xunta, visitou esta mañá as instalacións de Navantia en Ferrol, acompañado pola ferrolá Raquel Pillado, número dous da candidatura de CxG pola circuscripción da Coruña. Tras ser recibidos polo comité de empresa, intercambiaron impresións e amosaron o compromiso firme dos galeguistas cos traballadores do estaleiro, que precisa investimento, modernización e carga de traballo.

Xoán Bascuas, asegurou que só apoiará un goberno alternativo á Xunta de Galicia que teña un plan de modernización para Navantia, para garantir a competitividade e o futuro da empresa. “Non se pode concebir un cambio de goberno real se non se asume este principio”, enfatizou o candidato galeguista.

Pola súa banda, Raquel Pillado lembrou que a perda de postos de traballo na comarca debeuse, en boa parte, a non poder competir con outros estaleiros extranxeiros, principalmente asiáticos, que ofrecen aos traballadores salarios máis baixos. “Con salarios baixos non se pode competir, hai que competir con calidade”, explicou a candidata ferrolá, e nese sentido “a única alternativa para salvar os estaleiros e o traballo da comarca é traballar nun plan de modernización e investir en I+D+i”.

ACTO EN NARÓN

bascuasnaron2

Despois da visita a Navantia, Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia á Presidencia da Xunta de Galicia, e Raquel Pillado, número dous pola circunscrición da Coruña, charlaron cos asistentes e responderon ás súas preguntas nun acto que celebrouse na cafetería La Profecía de Narón.