Compromiso por Galicia é a única forza política da cidade favorable a Porto Cabral

A formacion galeguista entende que o emprendemento da zona de Liñeiriños é eixo fundamental para a centralidade de Vigo na Euro-Rexión norte de Portugal-Galiza 
Publicado por o día 17/12/2017 na sección de Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo

Compromiso por Galicia é a única forza política da cidade favorable a Porto Cabral

O comercio e a restauración de Vigo teñen que saber aproveitar o fluxo de visitantes que xeraria o investimento na area comercial e de ocio. Desde CxG apuntan que o futuro de Vigo como cidade que quere ser centro dunha eurorexión de 6,000,000 de habitantes, pasa de maneira inexcusable por emprendementos como Porto-Cabral que seria un pólo de atracción para a nosa cidade de millóns de visitantes. A necesidade de espazos comerciais de 4ª xeración abre a porta a necesidade tanto de Porto-Cabral, como de Recaré, para o desenvolvemento futuro da cidade como centro da Euro-rexión. Segundo o secretario local, Xoán Antonio Cortés, os galeguistas apostan pola inversión e a atracción de visitantes para a comarca que significa Porto-Cabral o que xeraria un importante fluxo de visitas que o comercio e a restauración deberian saber aproveitar.

Ollamos plataformas teledirixidas e electoralistas, contrarias a Porto-Cabral, se ben, neste mesmo sentido non ollamos plataformas contrarias a Amazon ou a Ali-express, comentan desde a executiva do partido en Vigo. Sobre as plataformas contrarias ao emprendemento desta iniciativa privada desde Compromiso por Galicia sinalan que non aportan ningunha solución para o futuro económico da comarca, incerto ante os desafios do sector da automoción e da pesca, sen ningunha alternativa para o comercio tradicional, afectado polas plataformas de comercio por internet, e sen alternativas para atraer visitantes para a nosa cidade.

Segundo Xoán Antonio Cortés: “Se o problema que teñen é coa ubicación do proxecto podemos chegar a un acordo para buscar outra ubicación, senón é este o caso; entón falamos xa doutra cousa”. Neste sentido, segundo os galeguistas, estamos a ollar como estas plataformas creadas contra da iniciativa do centro comercial e de ocio, teñen unicamente un obxetivo electoral. Apuntan, neste sentido, que ningun dos partidos políticos ou asociacións que respaldan estas plataformas, fagan o mesmo contra o incremento das plataformas de e-commerce como pode ser a Amazon ou Alí-express, que si que están a monopolizar a distribución do sector do comercio minorista.

Desde CxG apostan por un novo modelo de comercio na cidade, cunha oferta diferenciada baseada na industria de proximidade e nos produtores locais e con forte apoio das institucións públicas. Sobre este particular, Xoán Antonio Cortés, insiste no modelo de comercio europeo, un comercio que non é unicamente distribuidor de productos de grandes multinacionais, é un comercio local, de proximidade, que deixa empregos e plusvalias na sociedade. Neste modelo claro está que temos que ofrecer alternativas viaveis e espazos para as grandes distribuidoras multinacionais que precisan de locais de miles de metros cadrados.

Una respuesta para "Compromiso por Galicia é a única forza política da cidade favorable a Porto Cabral"