Compromiso por Galicia pecha a súa campaña cunha valoración positiva.

Compromiso pecha a campaña exaltando os produtos do país.
Publicado por o día 23/09/2016 na sección de Compromiso por Galicia,Eleccións Galegas,Vigo

Compromiso por Galicia pecha a  súa campaña cunha valoración  positiva.

Compromiso pecha a campaña na Praza 8 de marzo de Santiago a partir das 23.00 horas.

Compromiso por Galicia celebra esta noite o peche da campaña electoral cun acto que se desenvolverá na Praza 8 de marzo de Santiago de Compostela desde as 23:00h.

Haberá un acto político coa participación do candidato á Presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, e unha festa de peche que contará cunha degustación pública de sidra galega, acompañada de petiscos.

Con esta sidra ecolóxica elaborada ao natural no concello da Estrada, preténdese reivindicar os produtos feitos en Galicia e demostrar a capacidade de iniciativa deste país, cunha actividade que supón o comezo dun novo tempo para a formación galeguista.