Compromiso por Galicia critica a política social realizada por Abel Caballero en relación co cambio de ubicación del programa Sereos

Publicado por o día 02/09/2013 na sección de Vigo

Compromiso por Galicia critica a política social realizada por Abel Caballero en relación co cambio de ubicación del programa Sereos

   Henrique Macías, responsable local de CxG, sinalou que “a decisión tomada de pechar o local da rúa da Elduayen, onde se ofrecían determinados servizos a una poboación con problemas de drogodependencia, para ser atendidos directamente nunha beirarrúa da rúa Jacinto Benavente non é a política social que debería ser exemplo dun goberno que di chamarse progresista”.

  CxG denuncia que non se poden ofrecer na rúa os servizos axeitados para a problemática particular desa poboación, e máis ainda cando estamos a piques de entrar no outono-inverno coa segura presenza do frio e a choiva. Henrique Macías indicou que “non estamos no Terceiro Mundo e as persoas con problemas de drogodependencia merecen una atención social digna”.

  En relación coa proposta de centrar esta atención social no albergue da rúa Marqués de Valterra, CxG oponse a esta alternativa xa que, tal como indican os técnicos coñecedores destas problemáticas, non é unha boa solución xuntar nun mesmo centro a usuarios de problemáticas distintas, coincidencia que pode levar a situacións conflictivas e a menoscabar as posibilidades de recuperación social de parte dos usuarios do albergue que son alleos ás problemáticas de adicción dos usuarios do programa de Sereos.

  A esta situación sinalada polos técnicos hai que engadir a ubicación do albergue de Marqués de Valterra enfronte do Colexio público Ramón y Cajal, localización que levaría á coincidencia, en determinados momentos do día, de usuarios con problemáticas de drogodependencia e alcoholismo, facendo tempo diante do albergue, con escolares do citado centro na entrada o saída das clases, situación que tería que evitarse polo conflicto social que pode conlevar.

 Ante a problemática da localización CxG entende que o local alternativo debería situarse fora do Casco Vello para evitar a concentración excesiva de locais de servizos sociais, e así evitar a creación de ghetos e conflictos veciñais.

 Compromiso por Galicia demanda ao Concello de Vigo que atenda os servizos que ofrecía o programa Sereos nun local digno, tanto en espazo para a atención dos seus usuarios como en ubicación, que sexa complementario a outros servizos sociais, facilite o tratamento e a atención individualizada e non cree ningún conflicto veciñal ou social.