Compromiso por Galicia denuncia o estado lamentable no que se atopa o aparcadoiro construído polo Concello e inaugurado hai uns meses

Publicado por o día 15/01/2019 na sección de Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo

Compromiso por Galicia denuncia o estado lamentable no que se atopa o aparcadoiro construído polo Concello e inaugurado hai uns meses

Os galeguistas vigueses, por voz do seu secretario local, Xoán Antonio Cortés, critican o mal estado no que se atopa o aparcadoiro construido polo concello hai menos dun ano. Lembran que a obra custou máis de medio millón de euros, e que xa desde o principio se notaba a baixa calidade dos materiais empregados na construción do mesmo.

LAMENTABLEMENTE AS DEFICIENCIAS NAS OBRAS MUNICIPAIS CUBRENSE CON PROPAGANDA POR PARTE DO ALCALDE

Desde Compromiso denuncian que a capa asfáltica atopase extremadamente deteriorada, o que provoca que o pavimento se atope cheo de fochancas e cuberto por unha capa de grava. Segundo o secretario local dos galeguistas: “Estás deficiencias provocan unha falta de adherencia nos vehículos e acabaremos tendo un disgusto calquera día”. Tamén observase que a pintura azul das prazas de estacionamento para persoas de mobilidade reducida, está practicamente borrada, polo que urxen os galeguistas ao concello a actuar de inmediato e subsanar estas deficiencias.

A CONSTRUCCION DO APARCADOIRO SEN MURO DE CONTENCIÓN PODE CAUSAR UNHA DESGRACIA.

Por outra banda Cortés fai unha reflexión e mostra as súas dúbidas sobre se foi acertada a ubicación de dito aparcadoiro. Lembra que foi contruido ao pé dunha montaña de terra que fora acumulada alí durante a contrucción da autovía de circunvalación de Vigo VG20. Despois cando se construiu dito aparcadoiro, provocouse un corte transversal en dito cúmulo de terra. “Fíxose un estudo serio, e por iso se decidiu, por parte do concello, a non construcción dun muro de contencion que poidese evitar un posible corremento ou teremos que esperar a que aconteza unha desgraza para estudar o porque?. A quen lle botará entón o señor Caballero a culpa, ao Ministerio de Fomento, á Xunta??