Compromiso por Galicia di que o PP de Vigo realiza unha oposición delirante

OS GALEGUISTAS FAN UNHA CHAMADA PÚBLICA AO PP DE VIGO PARA QUE DEIXE O SEU PAPEL DELIRANTE COMO LÍDER DA OPOSICIÓN NO CONCELLO DE VIGO.
Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo

Compromiso por Galicia di que o PP de Vigo realiza unha oposición delirante

CxG di que a última invención dos populares pedindo a gratuidade do parking do Auditorio Mar de Vigo é un delirio mais nas suas iniciativas, cando os habitantes da cidade sufrimos un parking de pago no hospital Alvaro Cunqueiro.

“O camiño do PP de Vigo e no seu papel como lider da oposición é unicamente ir desaparecendo da cidade, igual que no resto de España” anota o responsable local en Vigo dos galeguistas, Xoán Antonio Cortés. Na mesma anotan que os gobernos do PP foron unha “peste” para Vigo e provocaron a chegada ao poder de Caballero, ao que non lle fan mais do que unha oposición de “pasteleo”.

O partido dos galeguistas, anota que coa oposición que ten no concello liderada polo PP, o normal é que o alcalde revalide con mais reforzo a sua maioria.

Xoán Antonio Cortés, secretario local en Vigo de CxG, fala dunha oposición sen ideas e totalmente deixada de man sobre os problemas reais da cidade. “Non podemos ter unha oposición preocupada das fochancas e dos contedores de lixo unicamente, sen proxecto de cidade, sen ideas de futuro e sen propostas para sacar a Vigo da parálise económica, social e inclusive poboacional”.

“O principal partido da oposición está mais preocupado en defender os intereses partidistas de Feijoo e da sua Xunta na área metropolitana, que en realmente dar solucións para mellorar a calidade de vida dos vigueses e viguesas” afirma Xoán Antonio Cortés.

A última saída de Elena Muñoz, pedindo a gratuidade do parking do auditorio do Mar de Vigo é unha mostra mais do delirante das políticas do PP.

“Non pode ser que pidan a gratuidade para un parking e inaguren por todo o alto un de pagamento no hospital Alvaro Cunqueiro, as políticas do PP son segundo veña o vento, unicamente buscando o efecto electoralista e sempre levando por diante os intereses do partido, antes que os da cidadania.”