Compromiso por Galicia indica a urxencia do novo PXOM ante a nova burbulla inmobiliaria na cidade de Vigo e o conflicto do Pau de Navia

O novo Pau de Navia promovido pola xunta de Feijoó rompe o proxecto deseñando na atapa de Xosé Cuiña como conselleiro e que contaba co consenso de todos os actores implicados. Anotan tamén os Galeguistas que a falta de PXOM está a provocar unha nova burbulla no mercado de alguer na cidade e unha evidente falla de obra nova ante a inixistencia de PXOM.
Publicado por o día 07/05/2018 na sección de Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo

Compromiso por Galicia indica a urxencia do novo PXOM ante a nova burbulla inmobiliaria na cidade de Vigo e o conflicto do Pau de Navia

O anterior proxecto para Navia incluia dotacións e unha edificabilidade menos agresiva, no actual a edificabilidade aumenta e disminuen as dotacións de servizos. O Proxecto deseñado incluia unha serie de zonas verdes e de equipamentos para o novo barrio de Navia que a actual Xunta de Feijoó pasa por alto, destruindo un proxecto que contaba co acordo de todos os actores implicados.

Na mesma os galeguistas apuntan que en Vigo está a crearse un terrible problema habitacional, xa que non existe obra nova e o mercado de aluguer ten disparado os seus prezos ante o forte aumento da demanda, facendo xa de Vigo a 5ª cidade do estado mais cara para o aluguer de vivenda.
Pola sua banda, o Concello de Vigo, segue a dar bandazos no que refere ao planeamento urbanístico e o novo PXOM segue escondido en calquer gaveta do despacho do alcalde Abel Caballero. A tensión entre Xunta e Concello segue a ter por máximos perxudicados aos habitantes da cidade e da comarca, temos conflictividade permanente entre Xunta e Concello en temas fundamentais como o transporte metropolitano, as dotacións de servizos do hospital Alvaro Cunqueiro, o estadio de Balaidos, as subvencións a aeroliñas en Peinador, o suministro da auga,… todo en detrimento do benestar de vigueses e viguesas, que finalmente son os que padecen as malas artes dos actuais gobernantes.