Compromiso por Galicia presenta as suas listas para o #28A baixo o lema: “Galicia pita no estado”

COMPROMISO POR GALICIA LEVOU MAIS DE 3500 AVAIS PARA PRESENTAR AS SUAS LISTAS PARA CONGRESO E SENADO NAS ELECCIÓNS XERAIS DESTE 28 DE ABRIL NAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS.
Publicado por o día 26/03/2019 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Compromiso por Galicia presenta as suas listas para o #28A baixo o lema: “Galicia pita no estado”

Daniel Lago Leirós (Vigo 1979) lidera a lista dos galeguistas para o Senado nestas eleccións xerais. Este licenciado en ciencias políticas, é empresario dentro da industria aseguradora onde desenvolve a sua actividade profesional. Forma parte da executiva nacional galeguista onde é responsable da area de estudos políticos e programas.

Indica Dani Lago que a profunda crise da democracia, empurrada pola corrupción dos vellos partidos e as “toupeiras” que lideraron a chamada “nova política”, fixo crecer a desafección pola política e está a provocar esta volta a un mundo profundamente antidemocratico e profundamente perigoso para o sostemento das democracias de progreso nos dereitos humanos e do progreso, tamén material para toda a xente, non unicamente para uns poucos.”

Nas listas galeguistas polo congreso iran tamén Bernardino Crego (Vigo 1948) xubilado e presidente do Centro Portugués de Vigo e histórico galeguista, como número 4, Maria Sueiro (Silleda 1964) Técnica de xardin de infacia e secretaria nacional de emigración na executiva galeguista, número 5; e Xoán Antonio Cortes (Padrenda 1978) profesor de formación vial de número 6.

O secretario xeral galeguista, Juan Carlos Piñeiro, dixo que “o noso proxecto político é sólido, forte e temos claro o noso compromiso co País, coa xente e con Galicia. Juan Carlos Piñeiro apostou por unha campaña para que Galicia recobre a sua dignidade dentro do estado, roubada nos últimos polos representantes que tivemos en Madrid.”

Os galeguistas presentan listas nas catro provincias galegas ao congreso e ao senado, coa ollada posta en recuperar o peso político que a Galicia lle corresponde dentro do estado. Fronte outras opcións os galeguistas preséntanse coa idea de mellorar as condicións de vida dos galegos e galegas. Neste sentido a nosa máxima ambición é darlle aos galegos unha melloría na economía e no benestar.

OUTROS VAN A MADRID A GOBERNAR ESPAÑA, NOS VAMOS A CONSEGUIR O MELLOR PARA GALICIA”

Compromiso por Galicia pensa que a campaña non pode estar centrada na gobernabilidade de España. Ata hoxe, sempre os galegos e galegas escollemos neste eixo para as eleccións xerais. Tras mais de 40 anos vemos que o que temos que facer é escoller en clave de Galicia. Foron 40 anos escollendo a representantes galegos que foran grandes homes de estado, pero un desastre para Galicia, para o noso futuro, a noso poboación e a nosa economia.

Os cabezas de lista para o congreso serán Xoán Manuel Rodriguez Bastida (Coruña) Berta Margarita Roldan Pimentel (Pontevedra) Sara Corral Losada (Ourense) e José Luis Moñita Martín (Lugo).

Polo senado Raquel Pillado (Coruña) Daniel Lago (Pontevedra) Antonio Manuel Iglesias Fernandez (Ourense) e Saúl Sánchez Freire (Lugo).

Comentar noticia

Your email address will not be published.